17 de mayo de 2008

Dia das letras galegas 2008


Hoxe os galegos celebran a súa língua e a súa literatura: o día das letras galegas.

Sempre considereina unha das linguas románicas máis belas. A orixe das súas letras esta na Idade Media, e aínda que a evolución da súa literatura teña sido moi irregular, depois do inicio da democracia e da oficialidade do galego, tense desenvolvido moito a nivel de publicacións e número de escritores que a usan.
Cada ano dedico un anaquiño de espazo do blog a deixar testemuña destas palabras que tamén sinto miñas, porque están no meu sangue dende que eu lembre. Hoxe escollín un fragmento da miña novela favorita dun dos escritores actuais que máis me interesan.

BARLOVENTO

"A avoa sacábame a pasear cun cazo laranxa e eu recollía as gotas de chuvia. A avoa falábame das plantas e das flores que había na vila onde naceu, a vila que tiña un castelo que a defendía do medo. Eu nunca fun alí. Non queda ninguén. Quizá non quede nin o castelo. O tempo acaba con todo.
A avoa parolaba da borraxe brava e da sorbeira e dos toxos e do castigo e do piorno. A avoa falábame do olvido, e contábame contos. A avoa dicía que as árvores podían falar. Que as árvores e as flores podían falar cos animais. Eu, ata moi maior, pensei que a avoa non mentía. Creo que ainda o penso.

Cando lin os primeiros libros de piratas inventáballe batallas en barcos enormes. Faláballe de barlovento e sotavento. E ela ría, porque xa non podía pensar. Porque xa non me podía falar do olvido: o avó paseando unha noite de agosto do trinta e seis. E o mar que eu lle contaba, a mar talvez, salfería de gotas de auga o seu rostro. E a auga do mar, a mar, era a chuvia que nos mollaba.
A avoa tiña nos ollos o peso da memoria. E da chuvia."

Xosé Carlos Caneiro (Talvez melancolía)

6 comentarios:

Javier dijo...

Felicidades pola parte que che toca !!!

Anónimo dijo...

considérome e son bilingue, pero teño moi claro cal é a miña lingua natural, porque é na que me desenvolvín dende neno.
pero hai cousas que me saen en galego. hai facetas de mín que responden nese idioma.
gostaríame aplicalo máis na miña vida.

feliz día.

Cafeína dijo...

Els valencians tenim el 9 d'octubre

Feliç dia!!

senses and nonsenses dijo...

siento que no he podido aportar mucho en los últimos posts, pero me sigue gustando la pasión que pones en las cosas que te gustan.

feliz día de la língua galega

un abrazo.

mikgel dijo...

En gallego empez� la literatura moderna de los reinos hisp�nicos. As� que todos le debemos algo.

Yo tambi�n te echo de menos.

kisis.

Anónimo dijo...

Mira, voy a decir lo mismo que Senses & nonsenses, felicitarte como Pe-jota y despedirme como Mikgel, así quedo divinamente, porque a ver que voy a decir si no...
Bueno, que a veces pongo la Tv galega y me gusta oir...y hasta entiendo muchas cosas. Me pasa también con la TV3, pero confieso que no me pasa lo mismo con la ETB, será cuestión de sonoridad, digo yo...
Besos.