17 de mayo de 2007

17 de maio, día das Letras Galegas

Hoxe celébrase o dia das Letras Galegas. Unha festa da palabra. Palabra como reivindicación da identidade cultural, como xeito de afirmar a necesidade da fala como eixo da vida e da humanización deste mundo á deriva. Para min, dependente confeso da palabra, é un día especial, porque tamén esta lingua e a maioría das súas palabras, dos seus xiros, da súa fráxil e fermosa poesía, camiñan a modo polas miñas veas.
Cada ano, homenaxease unha figura das Letras Galegas, e normalmente inténtase revalorizar algunha figura esquecida ou pouco estudada. Este ano, a elixida foi a poeta María Mariño, da que inclúo unha pequena poesía.

Somos un ou somos dous, ou tantos como en nós temos?
Cada un é o caber dun mundo que non sabemos
si somos ou si el é o que ten e nós mecemos.

A miña propia homenaxe ten un autor convidado, un dos meus preferidos. E ven con xeito de conto pequeno, casi microrrelato, e que deixa ese doce vértigo da existencia ao que nos ten afeitos.

Convidado: MANUEL RIVAS

A PONTE DE MARLEY, extraído de "As chamadas perdidas"

Tiña na parede da habitación un póster de Bob Marley e a avoa, que só vía cando quería, e así estaba como unha rosa, díxolle: "Moi ben, nena ¡un sagrado corazón!" E era verdade que se parecían. Marley, Xesús Cristo e o mozo da ponte. Mirábao pasar dende a praia fluvial co seu pelo de rasta e o andar desgonzado, pero rítmico, como se camiñase sobre unha corda frouxa ou na liña do horizonte. Un día cruzáronse e el sorriulle. Ela ampliou o sorriso até que ocupou a súa mente. Namorouse daquel sorriso. Pero endexamais volveu ver ao mozo da ponte. naquel pobo, a xente humilde nacía cunha maleta debaixo do brazo.
Cando de verdade casou, xa non tiña o póster de Marley nin de ningún outro. So unha pquena reproducción de Paxaros na noite, de Edward Hopper. A avoa, si. Conservaba o seu Sagrado Corazón de Xesús, cada vez mais esvaído. Era un cadro este que a ela a deprimía. A exposición da víscera rosácea, coas súas chagas e a coroa de espiñas parecíalle un icono de crueldade na habitacíón dunha enferma. A pintura dunha cultura canibal, que sentía devoción pola súa víctima, Cristo, o derradeiro cristián.A avoa mentía. Dicía que só vía un resplandor.
Ela casaba cun sorriso que pertencía á vida. A véspera da voda levara ao seu noivo á ponte e conseguiron abaneala co embate dos seus corpos entrelazados. O outro enlace, o oficial, foi unha ceremonia ao grande, á que se deixaron levar sen resistencia, conscientes de que unían dous apelidos, dúas herdanzas, dúas dinastías. Era o día do Corpus e, ao saíren da Igrexa, camiñaron como reis sobre unha alfombra de flores. Ao principio, entre flashes e saúdosnon se fixou nas estampas vexetais que pisaba despreocupada, e que ducias de mans compuseran na noite.
Até que empezou a ver a alfombra como un cadro que a metía dentro, O Espírito Santo, unha pomba de pétalos de dalia branca. A Biblia cos lombos de casca de piñeiro e o perfil de follas de fideo. Un Deus Pai co cabelo prateado de serraduras de aluminio e o manto azul de hortensia. Na man, un lóstrego mouro, de grans de café, con resplandor de candeas. E, con tento de non pisar o Sagrado Corazón, pétalos de rosa con coroa de silveira ao cabo da alfombra, alzou a vista, buscando con angustia o seu propio sorriso. Había anos que a ponte non existía.

12 comentarios:

Fenjx dijo...

enlazo post
y uno homenajes a las letras gallegas como homenaje:

http://lomioestuyo.blogspot.com/2007/05/feliz-da-das-letras-galegas.html

Carlitos Sublime dijo...

Bueno, pues felicidades. Comprenderás que sólo haya echado un vistazo a tu post: jomío, es que en galego y yo sin comer, me puede dar algo sobre el teclado.

Pero bueno, si sirve de algo, disfruté mucho leyendo a Rosalía y con El lápiz del carpintero, donde el prota se llama casi casi igual que yo, y se dedica a lo mismo. "Seré yo, seré yo??", que le preguntaba Judas a Jesucristo en la última cena...

Besos, amiguín.

Martini dijo...

te podías haber tirado el detalle de haber escrito una traducción ¿no?

;)

Un beso.

Vulcano Lover dijo...

Para los que estén interesados, pasen de leerlo en galego (se lo pierden, con lo bonito que es y es muy fácil de entender) y demás... podéis traducirlo (más o menos) aquí.
http://sli.uvigo.es/tradutor/

David dijo...

Ay me encanta ese traductor de la Universidad de Vigo¡¡¡ Soy un usuario habitual para sorprender a estimados galegos míos.

De verdad, cuántas cosas son el 17 de Mayo: Día contra la homofobia, Día de Internet...

Anónimo dijo...

Penso que habería que instaurar tamén o Día contra a fobia ás outras línguas, ese mal tan espallado polas Españas.
Supoño que es galego ou viviches algún tempo aquí. Se non fose así deixaríasme abraiado, a verdade.
En todo caso, grazas por te teres lembrado de nós.
Unha aperta.

Vulcano Lover dijo...

Gracias FENJX... por megaconectar estos homenajes a las letras gallegas...
(te echo de menos ya sabes dónde...)

Carlitos...
te lo pongo fácil, con traductor y todo... Ya te recomendaré yo autores gallegos, hombre... Rivas es uno de mis favoritos de la acualidad, también de lo más mediáticos... pero hay muchos... las letras gllaegas con mucho más fructiferas de lo que imaginas...
besos, prontito en vivo y en directo.

Martini...
Deseo concedido... ¿algún deseo más??
Besos

David.
Sí, muchas cosas, tienes razón... pero mi corazoncito en un día como hoy siempre está con Galicia... cosas de la sangre
besos, hasta mañana.

Cossimo
Moitas gracias a ti, polo comentario. Estou de acordo contigo, ha moita fobia ás "outras" linguas co-oficiais do Estado... Esta fobia non é outra cousa que o medo. Medo a que a xente as fale e as sinta propias, elemento de identidade, como tamén é o clima, a cor das montañas o a música popular... É o medo ao descoñecido, á diferenza, ao que non se pode controlar... como o tema da perfección do que falaba fai uns posts. Non son galego, que son andaluz. Miña nai si é. Mas levo tanto sangue galego que as palabras saen fora con unha naturalidade que ás veces son mesmo eu a ficar abraiado...
unha aperta tamén para ti.

Luís Galego dijo...

E assim, desde 1963 até hoje, todos os anos é consagrado um autor galego, tendo sido o primeiro Rosalía de Castro. Nome a não esquecer. Um abraço!!!

Javier Herce dijo...

Buah, no me he enterado de nada!

senses and nonsenses dijo...

cuántas cosas se celebraron ayer!

un abrazo.

Javier dijo...

sempre ese deixe de desesperanza e suave nostalxia propiciado pola cadencia melodiosa desta fermosa lingua.

Anónimo dijo...

Obrigado por nos lembrar a "nossa" língua irmã, que foi comum outrora (galaico-português). Conheço mal a literatura galega; vou tentar adquirir Palabra no tempo, se estiver disponível. Também nas minhas veias circulam as palavras, em múltiplas linguagens, apesar de nas artérias as ciências terem o seu domínio, mas misturam-se bem!